91. DE FERROL, UN LIBRO ABERTO (ANO 2005) A FERROL E OS LIBROS (ANO 2020) LOS TRANVÍAS DE FERROL

 

 

 Exposición “Ferrol, un libro aberto”

O ano 2005 o Real Coro Toxos e Froles e a Fundación Ferrol Metrópoli organizaron a exposición bibliográfica “Ferrol, un libro aberto” no sala de exposicións do novo local do Real Coro, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2005. Este ano 2021 ven de celebrarse unha nova exposición bibliográfica “Ferrol e os libros”, organizada polo Concello de Ferrol na Biblioteca Municipal da cidade.

                                                     Ferrol, un libro aberto. Ano 2005

Na primeira das anteditas exposicións, inaugurada polo Alcalde de Ferrol, Juan Juncal,  presentáronse una serie de publicacións que aportaron diversas entidades e asociacións culturais da cidade como o Ateneo Ferrolán, Central Librera, Centro Ártabro de Estudios, Club de Prensa, Galería Sargadelos, Librería del Campus, Liceo Rubia Barcia,  S.A.F. e a Sociedad Valle Inclán.

As obras presentadas eran de autores ferroláns o trataban de temas da nosa cidade. Na publicación editada en maio de 2005 e coordinada por Juan J. Burgoa, varios estudosos/as da bibliografía ferrolá, desde Esperanza Piñeiro e Eva Ocampo a Guillermo Llorca e Xosé Leira, percorrían variados aspectos do libro da nosa cidade. O caderno remataba cunha ampla escolma dos poetas ferroláns, con poemas da autoría desde Fernán Esquío ata Xohana Torres.

 

 

Concepción Arenal                                   Aurelio Ribalta 
                     
Exposición “Ferrol e os libros”

No mes de outubro deste ano 2021 inaugurouse no terceiro andar da Biblioteca Municipal unha nova e interesante exposición bibliográfica dedicada ao mundo da edición en Ferrol. Baixo a dirección de Carmen Porta e a coordinación de Marbella Méndez ten por obxecto achegar ao público as imprentas, as editoriais, os títulos e os contidos da produción de libros en Ferrol.

O sinxelo caderno da exposición salienta o feito que desde que se instalou a primeira imprenta de Lorenzo José Riesgo en Ferrol, editando o ano 1804 a obra “Descripción Económica del Reyno de Galicia” da autoría do ilustrado ferrolán José Lucas Labrada, tivo unha grande importancia a Armada na produción editorial, especialmente no que atinxe aos libros de carácter técnico e as obras  de formación relacionadas coa Mariña e a construción naval.

Ferrol e os libros. Ano 2021

Colocados en oito amplos estantes, a exposición bibliográfica da Biblioteca Municipal presenta case 100 obras dos seus fondos propios, dando a coñecer o traballo realizado, ademais da citada imprenta Riesgo, por outras coñecidas firmas ferroláns como as de Luciano Taxonera, Mariano Albizanda, El Correo Gallego, Emilio Paramés, El Eco Ferrolano, Ricardo Pita, Viuda de Montero, Lombardero e Covadonga, entre outras empresas e entidades editoras de libros.

De xeito indepente,  empregando un estante específico para mostrar as súas obras, faise un especial fincapé na presenza en Ferrol da recoñecida editorial Céltiga, que foi creada o ano 1921 polas Irmandades da Fala co obxecto de editar publicacións en lingua galega, especialmente obras narrativas e de teatro, para compensala que consideraban relativamente abundante produción de poesía. A colección dirixida por Xaime Quintanilla, foi editada  pola imprenta e tipografía ferrolá El Correo Gallego, sita na rúa Real número 139-141, sendo o xerente da editorial Ramón Villar Ponte .


                                                               Imprenta L.J. Riego. Ano 1804

Nos seus 16 números que publicou ata o ano 1923, cunha tirada media de 3000 exemplares, colaboraron os autores máis representativos da lingua e a cultura galega. A editorial comezou a súa andaina publicando tres obras de teatro: Alén de Xaime Quintanilla, Mal de moitos e Trato a cegas de Charlón e Hermida, e Trebón de Armando Cotarelo. Seguiron os relatos Un ollo de vidrio de Alfonso R. Castelao, Saudade de Xaime Quintanilla, O novo xuez de López Abente, A i-alma de Mingos de Francisca Herrera, A custureira de García Pereira, Semprenoiva de Cabo Pastor e A Santa Compaña de Nóvoa Santos.

Estante da editorial Céltiga

Despois da publicación de dúas series de contos de Euxenio Montes e de Correa Calderón, editáronse a lenda irlandesa Os catro cisnes brancos, traducida por Manuel Fernández Barreiro, a obra de teatro Almas mortas de Antón Vilar Ponte, dous novos parrafeos de Charlón e Hermida, e a colección de poemas Raza e terra de Eladio Rodríguez González. Os libros publicados levaban as portadas ilustradas por artistas da talla de Alfonso R. Castelao, Díaz Baliño, Imeldo Corral ou Bello Piñeiro.

     

 

Autores ferroláns: Cabo Pastor y García Pereira

Dúas observacións encol desta interesante exposición. Aínda que se mostran unhas cen obras sobre a nosa cidade, a exposición cecais queda algo curta, ocupando tan só a metade da sala de exposicións da Biblioteca Municipal. Tamén carece do axeitado catálogo para información e lembranza dos visitantes, por certo un mal endémico das exposicións presentadas ultimamente en Ferrol, tanto polo Concello como por outras entidades.

El tranvía eléctrico de Ferrol

Continuando con las exposiciones, en el Museo de la Construcción Naval se ha podido contemplar otra notable exposición dedicada al tranvía de Ferrol. A lo largo de una serie de litografías, el artista ferrolano Julio Ferrín expone los 26 originales de sus dibujos a plumilla mostrando el tranvía en diversos lugares de su recorrido de casi 12 kms desde Neda al Muelle de Ferrol.

La empresa “Tranvías de Ferrol” se constituyó el año 1914, con su proyecto que recorría la Carretera de Castilla dividido en tres líneas o tramos. La primera línea, desde la Puerta Nueva de Ferrol hasta el Portazgo de Jubia, inició su recorrido el año 1924. En el año 1932 se incorporaron los trayectos entre el Portazgo de Jubia y Neda, y entre la Puerta Nueva y el Muelle de Ferrol.

 


El tranvía de Ferrol. Año 1950

El funcionamiento de los tranvías ferrolanos se extendió desde el 28 de agosto de 1924 hasta el 3 de julio de 1961, fecha en la que entró en las Cocheras de Narón el último tranvía, siendo reemplazados sus servicios por las rutas de autobuses que habían iniciado su andadura en enero de 1960. 

Es de lamentar que una exposición de estas interesantes características, como está ocurriendo con la mayoría de las exposiciones celebradas últimamente en la Ciudad Ensimismada, carezca de un catálogo ilustrado para el visitante, que hubiese podido patrocinar el propio Museo de la Construcción Naval, el Concello de Ferrol o alguna entidad cultural de la ciudad.

 


Tranvía eléctrico entrando en Cocheras. Año 1945

Historias para no dormir. O Cú da Raiña

Cuando en abril del año 1690 la reina Mariana de Neoburgo, casada por poderes con el rey Carlos II de España, se dirigía en barco desde Inglaterra hacia el puerto de A Coruña, a causa del mal tiempo se vio obligada a entrar en la ría de Ferrol. Teniendo que desembarcar en un pequeño islote rocoso frente a Mugardos, la reina Mariana se cayó y dio con el culo en tierra. Por esa razón el islote es conocido como “O Cú da Raiña”. 


                                                                Islote O Cú da Raíña

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario